miércoles, 15 de enero de 2020

ALEA IACTA EST

Hoxe foi un día moi esperado por todos, comezou o segundo proxecto do curso!! ALEA IACTA EST e o nome do noso proxecto, no cal "viaxaremos" á Idade Antiga para coñecer algunhas das grandes civilizacións coma Exipto, Grecia e o Imperio Romano.

Coma sempre, ao chegar, estaba todo decorado e ambientado ca temática do proxecto.







Despois buscamos os nosos novos sitios na clase e enseguida comezamos co desafío inicial. Tivemos que recorrer os pasillos en busca de códigos QR que escaneábamos coa nosa tablet e nos trasladaban a sitios coma o coliseo Romano, o Templo de Ramses II ou o oráculo de Delfos. Mentres disfrutábamos paseando por estes marabillosos lugares, íbamos cubrindo unha rutina de pensamento chamada "vexo, penso, pregúntome" para reflexionar sobre todo o que estabamos vendo.







Rematada a actividade comezamos coa metacognición inicial e os plans de equipo. Sen ningunha dúbida foi un día do máis emocionante!