martes, 19 de enero de 2021

Os donos do mar Mediterráneo


Hoxe cando chegamos ao cole todo estaba distinto, e iso era sinal de que empezaban os novos proxectos!

O noso é sobre a Idade Antiga e as tres grandes civilizacións, Grecia, Exipto e Roma.

Cando chegamos tiñamos todo preparado pero había algo que non entendiamos moi ben, o título, xa que estaba escrito con xeroglíficos exipcios. Polo que para descifralo tivemos que xogar en equipos e pasar 6 probas relacionadas coas civilizacións( desde un trivial,  crucigramas, adiviñar os nomes dos diferentes deuses, encher ocos nun texto...) 

Ao final lográmolo e o noso proxecto titúlase "Os donos do mar Mediterráneo.

Logo decoramos a portada e o próximo día poñerémonos a tope coa  metacognición inicial e o noso plan de equipo.

Hai moitas ganas de aprender sobre a historia antiga e os contidos deste proxecto.

Seguide atentos!