jueves, 8 de diciembre de 2022

LECTURA EN VOZ ALTA

 En clase de Lingua Galega continuamos levando a cabo o proxecto de lectura en voz alta que desenvolvemos cada semana.


Consiste en preparar na casa unhas cantas páxinas, seguindo as pautas dadas na aula, e posteriormente, cada xoves, ler diante dos compañeiros e compañeiras.


Desta maneira traballamos o volume, a entonación, a posición do corpo, as pausas... pouco a pouco imos mellorando un pouquiño máis, e isto nun futuro brindaranos unha naturalidade e fluidez o falar en público.