miércoles, 8 de noviembre de 2023

O noso Proxecto

 Imos avanzando no noso proxecto "Body Worlds".

En breve comezaremos coa nova tarefa, pero antes queremos mostrar algunha actividade das feitas ata  agora.

Estivemos aprendendo cales son as funcións vitais e describíndoas, tamén traballamos as partes principais do corpo humano e os sistemas ou aparellos: Locomotor, respiratorio, dixestivo, excretor e circulatorio.

Empregamos varias rutinas de pensamento para afianzar os nosos coñecementos: "Causa-efecto", "Antes pensaba... agora penso..." e por suposto, nos fomos avaliando cas dianas propias da auto e coavaliación.

Non nos esquecemos das metacognicións inicial e intermedia, ademáis de diversos xogos moi interesantes e concursos de preguntas.

Finalmente, fixemos un traballo en equipo que espuxemos esta semana para toda a clase.

Bo traballo!