jueves, 15 de febrero de 2024

A lingua dos deuses

No antiguo Exipto, o traballo dos escribas, era redactar os sucesos. O facían empregando un sistema de imáxes ou pictográmas que foron chamadas xeroglificos. Un fermoso arte que descubrimos no actual proxecto e que nos axuda a entender un pouco máis esta fascinante civilización.

Aprendemos que eran inscripcións feitas en monumentos, pirámides, sarcófagos, tumbas e esculturas. A maioría dos habitantes non sabían lelos, era exclusivo dos sacerdotes, oficias do exército, funcionarios e faraóns. Tiña un valor sagrado, por iso se conocían coma "a lingua dos deuses"

Os alumnos e alumnas converterónse en escribas por uns días. Aprenderon a escribir o seu nome entre outras palabras. 

Fabulosa e divertida actividade!

Ben feito!