martes, 5 de noviembre de 2019

FACEMOS ESQUEMAS

O fin de semana tivemos que facer na casa uns esquemas sobre os minerais e as rochas. Estes esquemas utilizámolos hoxe para levar a cabo a técnica cooperativa 1,2,4. 

Ao comezar a clase cada un de nós visualizou os vídeos que tiñan o contido teórico sobre rochas e minerais mentras revisaba os esquemas que fixera na casa.

Ao rematar, por parellas puxemos en común os nosos esquemas cos do compañeiro do lado, intentando facer un único esquema coas ideas comúns.

Por último, cada parella puxo en común os seus esquemas coa parella de enfrente, de maneira que ao final, cada grupo elaborou un único esquema partindo das ideas propias e compartidas.

Aprendemos moito sobre rochas e minerais, pero tamén a abstraer nformación importante e a comunicarnos cos compañeiros compartindo ideas e aprendendo uns de outros.