lunes, 25 de noviembre de 2019

OS RÍOS

O trimestre vai avanzando e con el imos ampliando coñecementos. Na segunda tarefa do noso proxecto estamos coñecendo a hidrografía do noso planeta. É por iso que estivemos aprendendo sobre os ríos, e que mellor maneira que facer unhas maquetas para ver cales son as súas partes. Mirade que ben nos quedaron!



















Agora queda a segunda parte da actividade, que consistirá en preparar unha exposición oral na que por equipos terán que explicar o que saiban sobre os ríos.