viernes, 20 de diciembre de 2019

CHOCOLATE E XOGOS

Onte vivimos un momento moi especial. Os nosos compañeiros do Seminario Menor invitáronnos a merendar con eles un chocolate quentiño con biscoito e galletas.




Ao rematar, tíñannos preparados varios xogos, algúns deles feitos por eles nas súas clases de tecnoloxía. Sen dúbida algunha pasamos un momento divertido e diferente.









E con isto remata un longo trimestre, no que aprendimos moito pero sobretodo, DISFRUTAMOS.

Os nenos de 4º desexámosvos unhas felices festas.

BO NADAL