martes, 9 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller

Onte 8 Marzo, celebramos o Día internacional da muller.

Primeiro estivemos a ver un vídeo para entender por que se celebra este día. Despois de entender o por que e tras algunha pregunta, propuxémoslles aos nosos  alumn@s unha dinámica.

"A carreira da vida",  na cal reflexionamos sobre a desvantaxe social para as mulleres e introducimos conceptos de equidade.

Nela os alumn@s tiñan uns roles e unhas características determinadas (diferente idade, sexo, nacionalidade, estudos...) nas cales se vían obrigados a avanzar ou retroceder na carreira, segundo os requisitos que se lles ían lendo.

Ao acabar, non entendían o que pasaba, pero cando empezamos o debate, fóronse dando conta de certas discriminacións ou desvantaxes sociais.

Ao final, chegamos á conclusión máis importante, a IGUALDADE, que ninguén é mellor que ninguén e que todos e todas deberiamos de ser tratados por igual e nas mesmas condicións.