viernes, 11 de marzo de 2022

¡Facemos de periodistas!

 Hoxe no colexio tivemos unha visita telemática moi especial: María Matos. A periodista viguesa é unha das grandes referentes dentro do mundo do periodismo, foi a persona máis xoven en presentar un informativo en toda España e goza dunha longa traxectoria coma profesional que a levou a portavoz dunha das empresas líder no país no sector inmobiliario. 

Aproveitando a Semana da Prensa celebrada no colexio e coincidindo tamén co Dia da Muller, María pudo falarnos de como é o mundo do periodismo dende dentro a través das súas experiencias e intereses. O alumnado quedou abraiado coas cousas que compartíu connosco, e ela mesma quedou sorprendida das interesantísimas preguntas que o alumnado lle realizou cando foi o noso turno de actuar como periodistas.