lunes, 21 de marzo de 2022

Saida CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns)




 O mércores 16 tivemos unha saída cultural moi interesante no CIPX en Belvís, preto do noso cole.

Alí aprendemos moitísimo sobre os virus e o seu efecto na diversidade, recreamos un acosistema ca axuda de Nuria e prantamos unha árbore no Cancelón do Sar, no mesmo parque de Belvís.

A verdade que foi unha mañá moi emocionante na que non malgastamos nadiña de tempo para aprender doutra maneira, totalmente experencial.

Falouse de virus, que non sempre producen enfermidades, tamén teñen unha misión boa, como darlle cor a algunha flores para protexerse ou ao millo!

Nos explicaron que é a biodiversidade e cales temos nas diferentes zonas do noso país, cas súas características propias, clima,..  Nunha península rodeada de mar, con islas, etc, amosando certas peculiaridades respecto a outras zonas, especialmente polo retraso da modernidade en España.

Unha parte importante foi falar dos ecosistemas, algún son modificados e outros vírgenes, tendo así plantas e animais autóctonos ou invasores. Nuria nos deu moitos exemplos, aprendemos bastante sobre isto.

Facer un ecosistema atlántico e outro desértico foi moi divertido e prantar unha árbore, simplemente especial!

Os ecosistemas xa os temos no cole, agora a cuidalos!

Xenial! Para repetir!! 

Aquí algunhas fotos: