lunes, 15 de enero de 2024

O proxecto remata

 Cando rematamos un proxecto realízase un produto final que nos mostre a competencia na materia dos alumnos e das alumnas de cuarto e que a maiores sexa plenamente significativo para eles e elas.

Durante semanas levamos a cabo moitas tarefas, no porfolio e dixitais, ademáis de mapas conceptuais, exposicións; avaliamos as nosas aprendizaxes mediante rutinas, tamén reflexionamos cas metacognicións e finalmente, aplicamos o aprendido nunha tarefa práctica e que podemos empregar nas nosas vidas.

Nesta ocasión ampliamos o menú escolar engadindo a cea. Os alumnos e alumnas tiveron en conta todo o estudado sobre alimentación e nutrición. Compuxeron un menú mensual equilibrado e saudable e que agora poden poñer en práctica nas súas casas. 

Un gusto ver e participar do proceso do seu traballo feito con tanto interés.

Ben feito! E bo proveito!