El Blog de Cuarto
miércoles, 24 de febrero de 2021
AVANZAMOS CON EXIPTO E NOVO ASPECTO DA AULA
martes, 23 de febrero de 2021
Entroido e Xenerais do Ulla
Este entroido, aínda que foi distinto, puxémoslle un toque de cor ao día e pasámolo moi ben! Aí deixámosvos documento gráfico.
Doutra banda, na materia de Lingua, os alumnos de 4º e 5º estivemos a traballar sobre o entroido galego. O alumnado de 4º, centrámonos nos Xenerais do Ulla. Por grupos tivemos que investigar sobre os seus traxes, as datas cando se celebra, os lugares, a súa historia...e crear uns carteis co Canva para atraer aos turistas a visitar o noso tradicional entroido!
Que vos parece? Quedaron xenial!domingo, 21 de febrero de 2021
Día da Paz e non violencia
No día da Paz e non violencia, estivemos a debater sobre as situacións que viven algunhas persoas en diferentes países, realidades afastadas, outras que non o son tanto... e entre todos fomos creando uns virus con todas as cousas malas coas que queriamos acabar e á súa vez crear unha súper vacúa que as faga desaparecer.
Traballamos por grupos e saíron cousas moi chulas...e ademais, vaia artistas temos!
jueves, 28 de enero de 2021
INVENTAMOS PROBLEMAS
En clase de matemáticas hemos estado inventando problemas con la técnica cooperativa del folio giratorio y con un poco de azar.
Cada uno de nosotros lanzaba sus cubos numéricos y un dado de papel que hicimos en clase en el que obteníamos diferentes números y una operación. A raíz de esos datos comenzábamos a inventar un problema pero sólo una parte, porque después otro compañero repetiría el lanzamiento de dados y lo continuaría con los datos obtenidos de los diferentes dados. Así sucesivamente hasta que todos participásemos.
Finalmente, resolvimos los problemas
martes, 19 de enero de 2021
Os donos do mar Mediterráneo
Hoxe cando chegamos ao cole todo estaba distinto, e iso era sinal de que empezaban os novos proxectos!
O noso é sobre a Idade Antiga e as tres grandes civilizacións, Grecia, Exipto e Roma.
Cando chegamos tiñamos todo preparado pero había algo que non entendiamos moi ben, o título, xa que estaba escrito con xeroglíficos exipcios. Polo que para descifralo tivemos que xogar en equipos e pasar 6 probas relacionadas coas civilizacións( desde un trivial, crucigramas, adiviñar os nomes dos diferentes deuses, encher ocos nun texto...)
Ao final lográmolo e o noso proxecto titúlase "Os donos do mar Mediterráneo.
Logo decoramos a portada e o próximo día poñerémonos a tope coa metacognición inicial e o noso plan de equipo.
Hai moitas ganas de aprender sobre a historia antiga e os contidos deste proxecto.
Seguide atentos!