sábado, 31 de diciembre de 2022

NAVIDAD EN CUARTO

 En esta época navideña compartir tradiciones no solo nos hace muy felices, sino también se fomenta el sentimiento de pertenencia, tan importante para sentirnos parte.

Así mismo, transmitir la importancia de dar y recibir amor, de ser solidario y de disfrutar de la pequeñas cosas de la vida, se convierten en el mejor regalo para todos nosotros, en casa y en la escuela.

Desde nuestro colegio buscamos todo esto y un momento indiscutible que lo propicia es la preparación y el disfrute del Festival de Navidad. 

Hace días que podemos ver las distintas actuaciones en la página del colegio, pero aquí os quiero dejar los rostros de emoción previos a subir al escenario.

Los alumnos y alumnas de cuarto de primaria os felicitan estas fiestas:

¡Feliz Año!












miércoles, 21 de diciembre de 2022

EXPERIMENTO SOBRE A CONTAMINACIÓN DA AUGA

Esta semana finalizamos o noso proxecto "NOSO PLANETA TERRA". 

Como colofón final fixemos un experimento para ver como se da a contaminación na auga. Para realizar isto precisamos de moi poucos materiais como eran dous recipientes grandes (un deles con auga), tamén un pouco de aceite, colorante e lixo (tapóns de botellas, plásticos varios, papeis, etc).

Os pasos que seguimos foron os seguintes: 
1º No recipiente que non ten auga botamos aceite, logo vertemos colorante e por último, todo o lixo que recolectamos e mesturamos todo.

2º Preguntamos o noso alumando de 4º de Educación Primaria que pensaban que ía a pasar se botábamos esa mestura ca auga limpa que estaba no outro recipiente.

3º Logo de escoitar todas as ideas que tiñamos, pasamos a acción, e vertemos a mestura ca auga limpa e dedicámonos a observar o que acontecía (como podedes ver na foto, canto máis preto, mellor).

Como sempre deixamos un par de fotos para que vexades o que traballamos!


 

EL LORAX

 Hoxe na clase de 4º de Educación Primaria seguimos traballando dentro do proxecto "NOSO PLANETA TERRA" e finalizando a tarefa 4 "ECO-FRIENDLY", visualizamos unha película chamada "THE LORAX".

Esta trata sobre temas que fumos vendo como o contaminación ambiental e tamén sobre o impacto medioambiental do home.

Por último, tras ver a película fixemos unha rutina de pensamento chamada "A step inside". Era a primera vez que a facíamos pero saíunos moi ben!!



martes, 20 de diciembre de 2022

AVANZANDO NA LECTURA EN VOZ ALTA

 Dentro de Lingua Galega seguimos adiante traballando a soltura lendo en voz alta, diante dos nosos compañeiros e compañeiras de clase. Cada vez imos perdendo esa teima que nos supón poñernos cara o público que nos observa.

Seguimos mellorando cada semana un chisquiño máis, e seguiremos esforzándonos para que aconteza durante todo o curso sobretodo para gañar maior seguridade na exposición oral.

Aquí deixamos unhas cantas fotos, esta vez na biblioteca para ir cambiando o escenario e adaptarnos sen problema.








sábado, 10 de diciembre de 2022

O CICLO DA AUGA

 Seguimos avanzando no noso proxecto, e esta semana dentro da TAREFA 3 "NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA" traballamos en gran medida o Ciclo da Auga e as súas fases, que xa dominamos a perfección logo dun experimento que vimos a explicarvos nesta entrada no blog.

Para facer esta actividade en primeiro lugar debíamos ter os materiais necesarios, como foron uns pratos, uns vasos, varias pezas de xeo e auga quente para verter dentro dos vasos.

Unha vez reunidos todos os materiais comezamos ca acción, en primeiro lugar vertemos a auga quente dentro do vaso. Posteriormente deixamos 4 pezas de xeo enriba do prato, que a súa vez o colocamos enriba do vaso con moito tino de que non caera. Por último, e como ben podedes ver nas fotos que adxuntamos, dedicámonos a observar todo o que acontecía tanto dentro do vaso, como fora do prato e incluso debaixo do prato (algo no que se fixaron moi ben os rapaces e rapazas).

Logo de observar todo o acontecido, puxeron en común todas as fases do ciclo da auga que poidemos observar. Para comezar a Evaporación, tras verter o auga quente no vaso creouse o vapor de auga. Logo, ese vapor de auga subeu ata o prato que estaba con menor temperatura e formouse como unha especie de nube pola Condensación. Para finalizar, esa nube que está formada por gotiñas de auga cando xa non pode almacenar máis auga da lugar as Precipitacións que víamos caer polas paredes do vaso.







jueves, 8 de diciembre de 2022

LECTURA EN VOZ ALTA

 En clase de Lingua Galega continuamos levando a cabo o proxecto de lectura en voz alta que desenvolvemos cada semana.


Consiste en preparar na casa unhas cantas páxinas, seguindo as pautas dadas na aula, e posteriormente, cada xoves, ler diante dos compañeiros e compañeiras.


Desta maneira traballamos o volume, a entonación, a posición do corpo, as pausas... pouco a pouco imos mellorando un pouquiño máis, e isto nun futuro brindaranos unha naturalidade e fluidez o falar en público.