viernes, 28 de febrero de 2020

AS FONTES DE ENERXÍA

En Ciencias Naturais levamos semanas traballando sobre a enerxía, e, nas útlimas sesións fixemos uns Lapbooks  por equipos nos que explicamos as enerxías renovables e non renovables. Ao rematar os lapbooks fixemox unha pequena exposición para o resto da clase.









martes, 25 de febrero de 2020

CARNAVAL

Como xa sabedes a semana pasada estivemos de troula na escola. Seguimos as instruccións do Meco, fixemos un marchoso desfile e como non podía ser doutra maneira tamén puidemos desfrutar dun rico cocido ben completo.












jueves, 13 de febrero de 2020

CONSTRUÍMOS UNA GRÚA

Hace unos días comenzamos con un nuevo proyecto en robótica en el que vimos un vídeo sobre grúas y después tuvimos que reflexionar e incluso investigar un poco sobre cómo las antiguas civilizaciones movían grandes bloques para sus construcciones.

Y hoy ha llegado ese momento que tanto nos gusta; el montaje. La verdad es que nos encanta y se nos pasa el tiempo volando.








domingo, 9 de febrero de 2020

ANTIGA GRECIA

Estamos acostumados a pensar que pensamos con palabras, pero ás veces é mellor pensar con imaxes que están feitas de cores, de símbolos ou de debuxos. Se tratamos de convertir as nosas ideas, o que pensamos, o que comprendemos dun vídeo, texto... nunha cor que o identifique, ou nun símbolo que resuma o que se está a traballar, ou nunha foto ou debuxo que o represente, estamos facendo metáforas e polo tanto estamos elaborando o noso propio coñecemento sobre as cousas.

Por todo isto, fixemos unha rutina de pensamento diferente; COR, SÍMBOLO E IMAXE. Tratamos de plasmar os nosos coñecementos sobre a Antiga Grecia  desta maneira tan visual, e unha vez rematado cada un explicou o por que das súas eleccións.








viernes, 7 de febrero de 2020

LEARNINGLAND

Desde fai varios días temos na clase un novo rincón: LearningLand. Nel temos diferentes xogos cos que podemos divertirnos e ao mesmo tempo aprender; o clásico xogo "UNO" con fraccións, dominós, cubos contahistorias, tres en raias lingüísticos...

Este rincón podémolo utilizar sempre que acabemos as tarefas de clase. Encántanos e xa estamos desexosos de que se amplie con máis xogos este rincón tan especial.