martes, 24 de marzo de 2020

UTILIZAMOS HANGOUTS


A pesar de estar nas nosas casas, hoxe puidemos vernos un ratiño, falar de como estamos, de que estamos a facer durante estos días, de como levamos as tarefas...

Para isto dividímonos en tres grupos, e despois utilizamos a aplicación Hangouts. A verdade foi unha alegría para todos poder vernos as caras de novo. Repetiremos seguro!

#EuFicoNaCasa







jueves, 12 de marzo de 2020

SEPARAMOS SUSTANCIAS HETEROXÉNEAS

En Ciencias Naturais estamos aprendendo cousas sobre a materia. Hoxe estivemos aprendendo técnicas de separación de sustancias heteroxéneas, e unha vez máis, a mellor maneira de entendelo é levando a cabo esas técnicas coas nosas propias mans.

Para comezar fixemos unha filtración, primeiro de auga e pedras, e despois de auga e terra. Para iso utilizamos algo tan sinxelo coma un colador.






A segunda técnica foi a decantación, e conseguimos separar bastante ben auga e aceite.







E como bos científicos que somos, mentras íbamos facendo todo isto íbamos cubrindo unha plantilla que nos axuda a levar a cabo todos os pasos do método científico.

lunes, 9 de marzo de 2020

8M

Para conmemorar o día da muller, estivemos reflexionando sobre algúns aspectos de xénero. Entre eles os catálogos de xoguetes. Primeiro falamos do que nos parecía asignar cores aos distintos xéneros e despois sobre cómo as revistas continúan clasificando os xoguetes por xénero; coches, legos... para rapaces e bonecas, cocinitas... para nenas.

Despois de intercambiar as nosas opinións elaboramos o noso propio catálogo de xoguetes, onde teñen cabida todas as cores e todos os xoguetes para TODAS AS PERSOAS.







miércoles, 4 de marzo de 2020

CALDO DE GLORIA

Hoxe lembramos a Rosalía e o seu Caldo de Gloria no comedor de Educación Primaria. Entre tódolos cursos recitamos o seu poema e despois puidemos degustar un exquisito Caldo de Gloria.