miércoles, 24 de febrero de 2021

AVANZAMOS CON EXIPTO E NOVO ASPECTO DA AULA

 

Seguimos avanzando coa antiga civilización de Exipto.
Estamos a aprender como vivían, a súa forma de organización social, por que tantos deuses e que significado tiña cada un, a importancia da momificación, as súas construcións, os xeroglíficos e formas de escritura... todo o traballamos a través de desafíos-retos, investigación na internet, vídeos, creando presentacións en Canva... seguiremos con Grecia o berce da cultura e o pensamento, para acabar co extenso imperio romano e o noso produto final.

E tamén vos ensinamos as nosas novas caxoneiras para poder gardar o noso material individual. É unha por grupo e un caixón para cada un, así está todo máis a man!



















martes, 23 de febrero de 2021

Entroido e Xenerais do Ulla

 

Este entroido, aínda que foi distinto, puxémoslle un toque de cor ao día e pasámolo moi ben! Aí deixámosvos documento gráfico.

Doutra banda, na materia de Lingua, os alumnos de 4º e 5º estivemos a traballar sobre o entroido galego. O alumnado de 4º, centrámonos nos Xenerais do Ulla. Por grupos tivemos que investigar sobre os seus traxes, as datas cando se celebra, os lugares, a súa historia...e crear uns carteis co Canva para atraer aos turistas a visitar o noso tradicional entroido!

Que vos parece? Quedaron xenial!















domingo, 21 de febrero de 2021

Día da Paz e non violencia

 
Como xa sabedes a parte do académico, dámoslle moita importancia e dedicamos tempo á educación en valores e fomentar o pensamento crítico.
No día da Paz e non violencia, estivemos a debater sobre as situacións que viven algunhas persoas en diferentes países, realidades afastadas, outras que non o son tanto... e entre todos fomos creando uns virus con todas as cousas malas coas que queriamos acabar e á súa vez crear unha súper vacúa que as faga desaparecer.
Traballamos por grupos e saíron cousas moi chulas...e ademais, vaia artistas temos!