viernes, 25 de octubre de 2019

VOLCÁNS

Hoxe traballamos sobre os volcáns, e que mellor maneira que facer o noso propio e experimentar como sería unha erupción volcánica.









Para rematar, autoavaliámonos cunha diana.


No seguinte enlace podedes ver un vídeo sobre o noso pequeno experimento


viernes, 18 de octubre de 2019

AS FALLAS

Continuamos avanzando no proxecto e pouco a pouco imos aprendendo cada vez máis cousas. Hoxe estivemos coñecendo cousas sobre as placas tectónicas e as fallas.

Para aprendelo mellor utilizamos un pouco de marmelada e galletas. Así puidemos ver moito mellor cómo son os movementos diverxentes, converxentes e transformantes e como se pode chegar a formar novo solo, montañas ou terremotos. 










martes, 15 de octubre de 2019

APRENDEMOS JUGANDO

Hoy en clase de matemáticas estuvimos divirtiéndonos un poco jugando mientras repasábamos los números romanos y las multiplicaciones





viernes, 11 de octubre de 2019

TERRA 2.0

Hoxe chegou un momento esperadísimo, facía días que preguntábamos cando comezaría o novo proxecto e por fin chegou o día!!

Cando entramos pola porta da escola xa sabíamos que algo diferente estaba pasando, e tan pronto como puxemos un pé nos pasillos quedamos abraiados. Pasillos e aulas decoradas, porfolios preparados e roles cooperativos listos!

                                      

                                     

                                     






Comezamos a nosa aventura adentrándonos nos secretos que esconde o noso planeta Terra, así que para comezar o noso desafío tivemos que atopar diferentes mapas da Terra. Unha vez os atopamos todos vimos que nos ensinaban a evolución dos continentes, desde a creación da Terra, pasando pola actualidade e incluíndo as prediccións futuras. A partir de estos mapas xa aprendimos por qué se foron modificando os continentes, polas placas tectónicas.





E como é habitual, unha vez rematado o desafío, comezamos coa metacognición inicial e o noso plan de equipo.





Sen ningunha dúbida foi un día do máis intenso e cheo de emocións

miércoles, 9 de octubre de 2019

OS APARATOS DO CORPO HUMANO

Durante varios días estivemos aprendendo cousas sobre os diferentes aparatos do corpo humano. Así que decidimos explicarvos todo o que aprendemos, e ainda que estamos acostumados a poñernos diante das cámaras, sempre nos poñemos un pouquiño nerviosos cando gravamos, é por iso que podemos cometer pequenos fallos. Pero o máis importante de todo foi o ben que o pasamos aprendendo e traballando en equipo.

Esperamos que vos guste o noso traballo!

https://www.youtube.com/watch?v=5uHHIsOn2As&feature=youtu.be