martes, 22 de octubre de 2024

LECTURA EN VOZ ALTA

A lectura en voz alta é unha actividade divertida que todos podemos gozar. Consiste en ler un texto ou un conto en voz alta para que outras persoas escoiten, e é unha forma marabillosa de dar vida ás historias. 

Esta práctica non só nos axuda a comprender mellor o que lemos, senón que tamén desenvolve a nosa expresión e entonación. Ademais, ler en voz alta en grupo fomenta a colaboración, permitindo que compartamos ideas e aprendamos uns dos outros.








viernes, 18 de octubre de 2024

OS SISTEMAS DO CORPO

Durante estas semanas estivemos a traballar os sistemas do corpo humano. Cada grupo investigou un sistema diferente, como o circulatorio ou o respiratorio, profundando nas súas funcións e na súa importancia.

Despois, preparamos exposicións para compartir o que aprendemos cos nosos compañeiros. Foi unha gran oportunidade para practicar as nosas habilidades de comunicación e traballo en equipo. 








Ao final, sentimos que fixemos un gran traballo. Non só aprendemos moito, senón que tamén disfrutamos do proceso de investigación e presentación. Esta experiencia enriquecerá futuros proxectos e fomentará a nosa curiosidade.

martes, 15 de octubre de 2024

miércoles, 9 de octubre de 2024

viernes, 20 de septiembre de 2024

TRABALLAMOS EN EQUIPO

O proxecto 0 xa comezou, e para traballar nel, nesta ocasión decidimos traballar máis polo miúdo o traballo en equipo, algo que leva presente anos no noso cole e que seguirá presente ao longo da nosa vida.








martes, 17 de septiembre de 2024

PARABÉNS NORA!

 Hoxe tivemos un día especial, Nora está de cumpleanos!!! 




Moitas felicidades!!!


lunes, 16 de septiembre de 2024

UN NOVO COMEZO

 E xa estamos en 4º de Primaria.

Hoxe damos comezo ao Proxecto 0: UN NOVO COMEZO. Comezamos este novo curso escolar empezamos cheos de ilusión e ganas de aprender cousas novas.


Pero para iso, debemos de lembrar aspectos esencias como son: o traballo en equipo, o respeto mutuo, as normas de convivencia,... 

Por iso hoxe, afrontamos o desafío inicial cunda tarefa un tanto diferente, debíamos ser nos quenes nos organizásemos para poder traballar todos dun xeito tranquilo e respetouso cos demáis.

Finalmente, unidos, conseguimos facer unha árbore onde posteriormente escribimos a nosa cualidades e os nosos sentimentos.

Unha tarefa diferente para dar comezo a un curso cheo de emocións.