Hoxe chegou un momento esperadísimo, facía días que preguntábamos cando comezaría o novo proxecto e por fin chegou o día!!
Cando entramos pola porta da escola xa sabíamos que algo diferente estaba pasando, e tan pronto como puxemos un pé nos pasillos quedamos abraiados. Pasillos e aulas decoradas, porfolios preparados e roles cooperativos listos!
Comezamos a nosa aventura adentrándonos nos secretos que esconde o noso planeta Terra, así que para comezar o noso desafío tivemos que atopar diferentes mapas da Terra. Unha vez os atopamos todos vimos que nos ensinaban a evolución dos continentes, desde a creación da Terra, pasando pola actualidade e incluíndo as prediccións futuras. A partir de estos mapas xa aprendimos por qué se foron modificando os continentes, polas placas tectónicas.
E como é habitual, unha vez rematado o desafío, comezamos coa metacognición inicial e o noso plan de equipo.
Sen ningunha dúbida foi un día do máis intenso e cheo de emocións