Estamos acostumados a pensar que pensamos con palabras, pero ás veces é mellor pensar con imaxes que están feitas de cores, de símbolos ou de debuxos. Se tratamos de convertir as nosas ideas, o que pensamos, o que comprendemos dun vídeo, texto... nunha cor que o identifique, ou nun símbolo que resuma o que se está a traballar, ou nunha foto ou debuxo que o represente, estamos facendo metáforas e polo tanto estamos elaborando o noso propio coñecemento sobre as cousas.