Onte 8 Marzo, celebramos o Día internacional da muller.
Primeiro estivemos a ver un vídeo para entender por que se celebra este día. Despois de entender o por que e tras algunha pregunta, propuxémoslles aos nosos alumn@s unha dinámica.
"A carreira da vida", na cal reflexionamos sobre a desvantaxe social para as mulleres e introducimos conceptos de equidade.
Nela os alumn@s tiñan uns roles e unhas características determinadas (diferente idade, sexo, nacionalidade, estudos...) nas cales se vían obrigados a avanzar ou retroceder na carreira, segundo os requisitos que se lles ían lendo.
Ao acabar, non entendían o que pasaba, pero cando empezamos o debate, fóronse dando conta de certas discriminacións ou desvantaxes sociais.
Ao final, chegamos á conclusión máis importante, a IGUALDADE, que ninguén é mellor que ninguén e que todos e todas deberiamos de ser tratados por igual e nas mesmas condicións.