O outono é unha das estacións máis especiais para os galegos, porque implica moitas das cousas que máis nos gustan. Por iso a semana pasada rematamos cunha tarde de Magosto ou Castañada.
O Equipo de Dinamización preparou unha formidable festa para todos nós. Desfrutamos dunha tarde de Xogos Tradicionais e por suposto comemos castañas asadas, boísimas!
Deixamos algunhas fotos do día.