DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
23 DE FEBREIRO
Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da nosa literatura e unha precursora do movemento literario coñecido como Rexurdimento, por iso, cada 23 de febreiro lembrámola, en honra ao seu nacemento en 1837.
No nosa aula, dedicámoslle algunhas sesións a Rosalía de Castro, nas que analizamos a súa contribución á nosa cultura galega, levando a cabo diversas actividades, sendo exemplo delas: lectura sobre aspectos da súa vida e da súa obra, un encrucillado, un crebacabezas, un rosco de palabras...rematando cunha creación individual sobre o que máis lle chamou a atención desta figura destacada da nosa literatura.
FAI CLICK NA FOTO E VERÁS MÁIS