sábado, 18 de mayo de 2024

                                  QUEN É LUÍSA VILLALTA?


Unha nena observando o mundo coa curiosidade dunha rapaza esperta e decidida nos seus propósitos, fosen estes estudar violino ou aprender a patinar en Riazor.


Con motivo das Letras Galegas, instituída en 1963 pola Real Academia Galega, adicámoslle varios días no noso colexio a coñecer un pouquiño a Luísa Villalta.

O seu  nacemento na "cidade alta" A Coruña, a súa infancia, xuventude (a súa principal ocupación na mocidade foi a música), os seus estudos, características, curiosidades, logros........todo isto con divertidos xogos de preguntas, birlos, ou de memoria, entre outros. Rematando como podedes ver no video, cun fermoso mural no que reunimos algunhas destas ideas. 
Tivemos a sorte de rematar esta celebración estimulando a nosa imaxinación, cun incríbel espectaculo de Maxia.

Entre todos e todas, descubrimos que foi unha escritora que abrazou a poesía, a literatura dramática, a narrativa, o ensaio ou o xornalismo de opinión.
Algunhas das súas obras son: Concerto para un home só, O Don Hamlet de Cunqueiro, Teoría de Xogos, Música reservada, O paseo das esfinxes, Ruído, As certezas de Ofelia, Os doces anos da guerra ou En Concreto.

Unha muller comprometida, apaixonada, incorformista, polifacética, amante da  música "do violino",unha escritora sorprendente na súa singularidade que defendeu o uso da lingua galegacun gran valor da xustiza e da loita social.


"Acabarei por facer do poema a biografía, atar os días a xeito de tercetos encadeados e espetarlle ao mundo que si, que é posibel vivir como vive a poesía, vivir de aquí a alá (...)"
                                           Luísa Villalta