Continuamos a traballar no noso proxecto e chegou un momento moi especial: o das emocións. Durante estes días estivemos explorando os distintos tipos de emocións, reflexionando sobre como nos afectan e o que nos fan sentir cada unha delas. É fascinante darnos conta de que as emocións son como unha linguaxe que nos axuda a entendernos mellor a nós mesmos e ás persoas que nos rodean.
Para profundizar neste tema, empregamos unha ferramenta moi interesante chamada rutina de pensamento 3-2-1 Ponte, que nos axuda a reflexionar, conectar ideas e descubrir novas perspectivas sobre o que sentimos.
