miércoles, 21 de octubre de 2020

Comezamos un novo proxecto!



Xa levamos varios días gozando dun novo proxecto, que este ano se chama Pachamama, e no que a primeira actividade sería descubrir que quererá dicir ese nome e en que vai consistir.
Despois de darlle moitas voltas, descubrimos que ía tratar sobre a Terra e todo o que podemos atopar no noso ao redor, encima de nós e descubrir que temos debaixo dos nosos pés. Pero antes de nada teriamos que pensar un pouquiño e ver que sabemos nós de todo isto.
Tamén axudamos á profesora coa decoración de clase do noso proxecto.