viernes, 23 de octubre de 2020

Continuamos aprendendo do que nos rodea!

Continuamos co noso proxecto. Despois de pensar que sabemos e que queremos aprender, toca saber máis acerca do que está por enriba de nós. Por iso vimos uns vídeos que nos falaban das capas da Terra e a súa composición. A continuación tivemos que deixar reflectido o que aprendemos no noso portfolio enchendo un esquema cos datos que saían no vídeo.