miércoles, 8 de febrero de 2023

DEUSES EXIPCIOS

 O mércores día 8 de febreiro dentro do noso proxecto e máis en concreto na TAREFA 1 "E ti de quen ves sendo?", seguimos investigando máis sobre a cultura exipcia, neste caso sobre os seus deuses. 

Sabíades que os exipcios adoraban a moitos deuses e por iso era unha relixión politeísta? Sabíades tamén que algúns deuses tiñan formas de animais, é dicir que eran zoomorfos?

Todo iso, os nosos rapaces e rapazas de 4º de Educación Primaria xa o coñecen e o dominan. 

Para seguir ca nosa investigación sobre os deuses exipcios, cada grupo encargouse de buscar información tanto en libros que trouxeron da casa para a nosa biblioteca de aula e, na internet, para logo poder expoñela os seus compañeiros e compañeiras de clase.

Aquí deixámosvos unhas cantas fotografías en plena acción!!