lunes, 20 de febrero de 2023

DEUSES GREGOS

 Seguimos avanzando con paso firme dentro do noso proxecto "Ano 0", e desta vez vimos a mostrarvos unha actividade de investigación que realizamos sobre os deuses gregos (Zeus, Atenea, Hermes...).

Para levala a cabo, cada grupo tivo que buscar a máxima información posible sobre dous deuses gregos elixidos ao chou polo noso profesor. Logo, puxémonos de acordo en que parte facía cada membro do grupo e, realizamos unha presentación na aplicación de Canva para así poder facer posteriormente unha exposición cun apoio visual ante os nosos compañeiros de clase.

Deixámosvos unhas cantas fotos das exposicións nas que como veredes estamos un pouco cambiados levando algo na cabeza, pero tiñamos que seguir as ordes da Meca, debido a que estábamos na semana do Entroido.