miércoles, 1 de marzo de 2023

ROBÓTICA

No día de hoxe, o alumnado de 4º de Educación Primaria levou a cabo unha actividade na que, mezclamos os coñecementos do proxecto deste segundo trimetre coa robótica a través da plataforma de GO STEAMS de EDELVIVES.

Antes de realizar esta actividade, tivemos unha primeira sesión onde explicamos e puxemos en común as semellanzas e diferenzas existentes entre as construccións do antigo Exipto e as construccións na actualidade. 

A actividade de hoxe, consistía en construir unha grúa seguindo os pasos do manual que nos achegaron. Como vedes nas seguintes fotografías, estiveron moi concentrados e cos roles ben estructurados para que o traballo en equipo fose exitoso.