martes, 21 de marzo de 2023

ROBÓTICA

No día de hoxe o alumnado de 4º de Educación Primaria continuou avanzando no proxecto do 2º trimestre "Ano 0" o cal nos está levando a coñecer as civilizacións máis importantes da Idade Antiga.

Nestas civilizacións creáronse moitas edificacións novas que aínda seguimos a conservar na actualidade e, unindo os contidos do proxecto e a aplicación de Go Steam que nos facilita Edelvives estamos a ver a evolución das diferentes máquinas que se empregaron dende esa época ata as que se utilizan na actualidade.

Aquí deixámosvos unhas cuantas fotografías para que vexades como imos progresando tanto na construción como na programación das grúas!