miércoles, 19 de abril de 2023

EXPOSICIÓN SOBRE A ANTIGA ROMA NO SEMINARIO MENOR

Hoxe día 19 de abril na clase de 4º de Educación Primaria tivemos a visita sorpresa do senador Juan, que tamén é profesor no Seminario Menor. Visitounos porque o alumnado de cuarto no trimestre anterior levou a cabo o proxecto "ANO 0" que trataba sobre a Idade Antiga e profundizamos na cultura romana.

Durante a súa visita, fomos polos corredores do Seminario Menor e, o senador Juan foi explicándonos  todos os elementos característicos expostos sobre o Imperio Romano como poden ser as organizacións das lexións romanas cada vez que ían a conquistar un territorio, as armas ou a vestimenta que levaban os lexionarios e centurións romanos durante as batallas, as obras literarias e artísticas características e por último, as moedas que utilizaban tanto na República romana como no Imperio romano.

Pasámolo moi ben, lembramos contidos vistos no proxecto anterior e fixemos un montón de preguntas para saciar a nosa curiosidade, a cal é enorme!

Por último, deixamos unhas cantas fotografías para que poidades ver algúns dos elementos que puidemos visitar.