miércoles, 12 de abril de 2023

PROXECTO 3º TRIMESTRE

Hoxe día 12 de xaneiro de 2023 comezamos con forza o novo proxecto, o cal está dentro do 3º trimestre. A súa temática é a saúde e o tópico xenerativo é "SUPER-AXENTES DA SAÚDE".


Arrancamos o día falando da ambientación da clase e os fíos condutores e sobre que pensaban que ía a tratar o proxecto. Foi todo un éxito e os rapaces e rapazas comezaron a interesarse facendo preguntas sobre o que íamos a facer e a traballar.


Logo disto, puxémonos mans á obra coas tarefas preparadas para a situación de aprendizaxe, neste caso consistía en que por parexas tiñan un aro, e tiñan que levar a cabo varios xogos de coñecemento corporal. Despois de facer estes xogos, subimos de novo a clase e realizamos a segunda parte da situación de aprendizaxe na que xogamos o "TUTTIFRUTTI" no que escollíamos o chou unha letra do abecedario e o alumnado tiña que buscar un óso, un músculo, un alimento, unha bebida e un deporte que comezase ou tivese esa letra. 



Aquí deixamos unhas cantas fotos do día de hoxe que foi completo pero, no que todos e todas o pasamos ben e sobre todo aprendemos!