Imos avanzando no noso proxecto "Body Worlds".
En breve comezaremos coa nova tarefa, pero antes queremos mostrar algunha actividade das feitas ata agora.
Estivemos aprendendo cales son as funcións vitais e describíndoas, tamén traballamos as partes principais do corpo humano e os sistemas ou aparellos: Locomotor, respiratorio, dixestivo, excretor e circulatorio.
Empregamos varias rutinas de pensamento para afianzar os nosos coñecementos: "Causa-efecto", "Antes pensaba... agora penso..." e por suposto, nos fomos avaliando cas dianas propias da auto e coavaliación.
Non nos esquecemos das metacognicións inicial e intermedia, ademáis de diversos xogos moi interesantes e concursos de preguntas.
Finalmente, fixemos un traballo en equipo que espuxemos esta semana para toda a clase.
Bo traballo!