Partindo do estudo do sistema locomotor, afondamos, a través de varias tarefas, na nosa hixiene postural: Como manter en todo momento unha correcta postura, ao camiñar, correr, sentarse, etc, así como, as repercusións máis comúns, ben físicas, ben anímicas que se poden chegar a ter se non o facemos.
Tamén adicamos un bo número de sesións a saber máis sobre os hábitos saudables, a importacia da correcta alimentación, o exercicio, o descanso e a hixiene do corpo.
Para finalizar esta parte do proxecto aprendemos moito acerca das nosas emocións, a identificalas primeiro e despois a coñecer algunhas pautas básicas para xestionalas mellor. O enfado, a ledicia, o medo, a sorpresa ou mesmo a tristeza aparecen na nosa vida para mostrarnos algo de nós e está ben saber que non está a ocorrer nada grave, só temos que usar algunha técnica que nos axude a sentirnos mellor.
Algunhas das tarefas levadas a cabo foron o deseño dun cartel de hábitos saudables ou xogos de identificación das emocións. Así, usando a tecnoloxía demostraron ser uns expertos no tema dos hábitos saudables así como, uns fantásticos deseñadores gráficos.