Esta semana finalizamos o noso proxecto "NOSO PLANETA TERRA".
Como colofón final fixemos un experimento para ver como se da a contaminación na auga. Para realizar isto precisamos de moi poucos materiais como eran dous recipientes grandes (un deles con auga), tamén un pouco de aceite, colorante e lixo (tapóns de botellas, plásticos varios, papeis, etc).
Os pasos que seguimos foron os seguintes:
1º No recipiente que non ten auga botamos aceite, logo vertemos colorante e por último, todo o lixo que recolectamos e mesturamos todo.
2º Preguntamos o noso alumando de 4º de Educación Primaria que pensaban que ía a pasar se botábamos esa mestura ca auga limpa que estaba no outro recipiente.
3º Logo de escoitar todas as ideas que tiñamos, pasamos a acción, e vertemos a mestura ca auga limpa e dedicámonos a observar o que acontecía (como podedes ver na foto, canto máis preto, mellor).
Como sempre deixamos un par de fotos para que vexades o que traballamos!