Dentro de Lingua Galega seguimos adiante traballando a soltura lendo en voz alta, diante dos nosos compañeiros e compañeiras de clase. Cada vez imos perdendo esa teima que nos supón poñernos cara o público que nos observa.
Seguimos mellorando cada semana un chisquiño máis, e seguiremos esforzándonos para que aconteza durante todo o curso sobretodo para gañar maior seguridade na exposición oral.
Aquí deixamos unhas cantas fotos, esta vez na biblioteca para ir cambiando o escenario e adaptarnos sen problema.