sábado, 10 de diciembre de 2022

O CICLO DA AUGA

 Seguimos avanzando no noso proxecto, e esta semana dentro da TAREFA 3 "NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA" traballamos en gran medida o Ciclo da Auga e as súas fases, que xa dominamos a perfección logo dun experimento que vimos a explicarvos nesta entrada no blog.

Para facer esta actividade en primeiro lugar debíamos ter os materiais necesarios, como foron uns pratos, uns vasos, varias pezas de xeo e auga quente para verter dentro dos vasos.

Unha vez reunidos todos os materiais comezamos ca acción, en primeiro lugar vertemos a auga quente dentro do vaso. Posteriormente deixamos 4 pezas de xeo enriba do prato, que a súa vez o colocamos enriba do vaso con moito tino de que non caera. Por último, e como ben podedes ver nas fotos que adxuntamos, dedicámonos a observar todo o que acontecía tanto dentro do vaso, como fora do prato e incluso debaixo do prato (algo no que se fixaron moi ben os rapaces e rapazas).

Logo de observar todo o acontecido, puxeron en común todas as fases do ciclo da auga que poidemos observar. Para comezar a Evaporación, tras verter o auga quente no vaso creouse o vapor de auga. Logo, ese vapor de auga subeu ata o prato que estaba con menor temperatura e formouse como unha especie de nube pola Condensación. Para finalizar, esa nube que está formada por gotiñas de auga cando xa non pode almacenar máis auga da lugar as Precipitacións que víamos caer polas paredes do vaso.