viernes, 20 de enero de 2023

CELEBRACIÓN DO APRENDIZAXE

Onte xoves día 19 de xaneiro de 2023 o colexio de Casa do Neno celebrou o aprendizaxe en todos os cursos de Educación Primaria, neste blog de 4º de Educación Primaria faremos referencia a nosa clase para detallar todo o acontecido onte que non foi pouco.

Comezamos cunha breve introdución para dar a benvida a todas as familias que asistiron. Temos que incidir moito neste punto e dar as grazas porque, a asistencia foi impresionante e os nenos e nenas fíxolles moitísima ilusión ver as súas familias ser parte do seu proceso de aprendizaxe.

Logo, tomaron a voz cantante os verdadeiros protagonistas da tarde, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria. Estaban entre emocionados e nerviosos, unha mezcla explosiva!

Todo saíu rodado, tal e como se esperaba e o ambiente dentro da clase era de puro orgullo, satisfacción, disfrute, ilusión e motivación tanto de rapaces como das familias.




















Para rematar, os rapaces e rapazas ensináronlle os seus porfolios a todas as familias e creouse unha atmosfera (a cal traballamos dentro do proxecto) moi emocionante onde se compartía o aprendido.