miércoles, 11 de enero de 2023

PRODUTO FINAL

Hoxe vimos a mostrarvos a todas e todos o noso produto final do proxecto "NOSO PLANETA TERRA", o cal se dividiu en dúas partes.

A primeira parte consistíu nunha recollida de lixo polo patio do colexio, o camiño que nos leva o pavillón e o propio exterior do pavillón. 

Todos equipados con guantes e bolsas de basura e cunhas ganas enormes de facer ben o noso traballo buscamos entre as herbas e os arbustos, na terra, nas escaleiras...non deixamos un lugar sen mirar e QUEDOU TODO LIMPÍSIMO!!!

Aquí deixámosvos unhas fotos onde nos podedes ver en acción e ver todo o que sacamos.







Na segunda parte do noso produto final, logo de ver como estaba o noso patio e arredores tivemos a idea de facer uns carteis a modo informativo para recordar que non se debe tirar lixo e concienciar así os demáis integrantes do colexio para que non volva a ocorrer.
Aquí podedes ver unhas cantas fotografías traballando arreo nos nosos carteis que logo colocaremos por distintas zonas do colexio.