lunes, 23 de enero de 2023

PROXECTO 2º TRIMESTRE

Hoxe día 23 de xaneiro de 2023 comezamos con forza un novo proxecto, o cal está dentro do 2º trimestre. A súa temática é a Idade Antiga e o tópico xenerativo é "ANO 0"


Arrancamos o día falando da ambientación da clase e os fíos condutores e sobre que pensaban que ía a tratar o proxecto. Foi todo un éxito e os rapaces e rapazas comezaron a interesarse facendo preguntas sobre o que íamos a facer e a traballar, incluso algún preguntou si o produto final podía ser unha viaxe a Exipto, Grecia ou Roma.

Logo disto, puxémonos mans á obra coas tarefas preparadas para a situación de aprendizaxe, neste caso consistía en que cada alumno/a tiña un código QR co seu nome, tiñan que escanealo e levábaos a unha imaxe que tiña referencia cas tres culturas citadas anteriormente. En 10 minutos debían preparar esa imaxe, para posteriormente a través de mímica representala ante a clase que a tiña que adiviñar. Algunhas das imaxes eran ben complicadas, pero si a mímica non funcionaba pasábamos a última fase que era adiviñar a palabra co xogo do "aforcado".

Aquí deixamos unhas cantas fotos do día de hoxe que foi completiño pero, no que todos e todas o pasamos ben e sobre todo aprendemos!