martes, 30 de mayo de 2023

Hoxe visitounos un médico!

 Hoxe, 30 de maio de 2023 fíxonos unha visita a nosa aula de 4º de Educación Primaria, Fernando, un médico de cabeceira o cal nos veu a falar sobre contidos que levamos dando dentro do noso proxecto "Super Axentes da Saúde" como son os hábitos saudables facendo moito fincapé na alimentación, descanso, hixiene, etc.


Despois, como podedes ver nas seguintes fotografías que anexamos, fixemos un pequeno simulacro sobre como teríamos que actuar en diferentes situacións nos que unha persoa se maree ou se desmaie. Nas que en primeiro lugar debemos seguir a regras PAS (PROTEXER, AVISAR, SOCORRER), se esa persoa está consciente poñela en PLS (POSICIÓN LATERAL SEGURIDADE) e no caso de que esté inconsciente realizar a maniobra RCP (REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR).




Por último, e para agredecer esta visita o noso centro e a clase de 4º de Educación Primaria fixemos entrega dun diploma a Fernando para que lembre con agarimo este día.