jueves, 4 de mayo de 2023

O APARATO LOCOMOTOR

 No día de hoxe dentro da nosa sesión de proxecto seguimos a traballar en profundidade o aparato locomotor. Tiñamos uns coñecementos previos despois das exposicións dadas anteriormente sobre os sistemas e aparatos do corpo humano. 

Logo de ver os contidos e realizar unha actividade onde os membros dos grupos debían facer un movemento concreto, e os seus compañeiros debían de saber que músculos e ósos estaban a participicar na acción, o alumnado de 4º de Educación Primaria demostrou o que aprendeu sobre o aparato locomotor, cun xogo dentro do seu Chromebook no que debían sinalar correctamente no corpo humano os ósos e músculos que lles indicaban. Este medíalles o tempo que tardaban en realizalo e os acertos que tiveron.

Aquí deixamos unhas cantas fotografías do alumnado metido en faena para que vexades o concentrados que estaban e as ganas que lle puxeron por demostrar o aprendido.