jueves, 18 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS

 Celebramos o Día das Letras Galegas disfrutando unha xornada coa actividade proposta por O Mombus Obradoiro, pois fomos, xunto con outros centros educativos, invitados ao "Obra Aberto"

Unha mañá divertida e diferente para promocionar a lingua galega e o deporte xunto os xogadores e o equipo técnico do equipo de baloncesto.

A primeira hora esperábamos emocionados a que comenzase o evento. O speaker do Obradoiro presentou a todos os membros do equipo, que foron chegando á pista de baloncesto dende os seus vestuarios ante os gritos de emoción dos alumnos que alí se deron cita.

Anxo Lorenzo, director de políticas culturais, inagurou o acto dando as grazas e recordando a importancia do emprego da nosa lingua.

Despois de escoitar o himno galego, comezou a primeira actividade cun xogo de preguntas. O noso representante do colexio baixou as gradas para responder as oito preguntas que lle formularon e que acertou na súa totalidade. Foi unha mágoa non conseguir o balón firmado por unha única pregunta de desempate, pero estamos moi satisfeitos co seu traballo.


Finalmente, tras ver os xogadores en acción na pista do Multiusos do Sar lanzando tiros dende o medio da pista, demos por rematada a celebración.

Antes de sair fomos agasallados cun diploma de participación e unha entrada de valde recibida directamente das mans dos xogadores. 

Por certo, coñecemos a Esther Estévez, presentadora de "Dígocho Eu" que recibiu o primeiro premio Obradoiro á promoción do galego entre a xuventude.

¡Moita emoción!